MAPA DA COSTA DA MORTE

MAPA DA COSTA DA MORTE

HISTORIA DA COSTA DA MORTE

NAUFRAXIOS

LENDAS

WEBCAM CABO FISTERRA

INDICE

  • HISTORIA
  • LENDAS- NAUFRAXIOS
  • CONCELLOS
  • ESPAZOS NATURAIS
  • MIRADORES TURISTICOS
  • RIOS
  • RUTAS
  • PRAIAS
  • FESTAS
  • GASTRONOMIA
  • ALOXAMENTOS
  • NOTICIAS

miércoles, 17 de diciembre de 2008

OS PENEDOS DE PASARELA E TRABA


O Consello da Xunta aprobou o 11 de decembro declaración como paisaxe protexida dos Penedos de Pasarela e Traba, nos concellos coruñeses de Vimianzo e Laxe, coa fin de dotar dunha figura de protección a singularidade natural, estética e o valor científico deste espazo. Esta declaración implica a realización de accións encamiñadas a rexenerar espazos naturais, reforestar certas áreas con especies autóctonas e propiciar iniciativas de posta en valor da zona dende o punto de vista da sustentabilidade.

O macizo de Pasarela e Traba está constituído por un conxunto de elevacións graníticas, nunha superficie de 212 hectáreas, entre os concellos coruñeses de Vimianzo e Laxe. A combinación e encadeamento de formas graníticas xeran un espazo singular, sendo esta característica a que leva a pór en marcha unha política de protección integral dos penedos. Esta paisaxe, ten ademais un enorme valor científico xa que permiten coñecer cal foi a evolución da zona e, consecuentemente, como se pode someter aos instrumentos de planificación ou plans de conservación.

Estas declaracións, contempladas na Lei 9/2001 de Conservación da Natureza, avanzan na aplicación da Lei de Protección da Paisaxe, aprobada este ano pola Xunta, que ten como obxectivo recoñecer xuridicamente a paisaxe e promover políticas para a súa conservación, protección, xestión e ordenación, servindo como marco de referencia para todas as lexislacións, plans e programas que poden influír dalgún xeito na modificación, alteración ou transformación das paisaxes, e, en especial, cando afecten a espazos de alto valor natural e cultural.

A protección dos Penedos de Pasarela e Traba suporá a busca do mantemento dunhas prácticas de carácter tradicional que contribúan á conservación e preservación dos valores e recursos naturais da zona. A súa xestión, a cargo da Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible, terá como obxectivos a conservación e protección da paisaxe, en especial dos penedos, fomentar o coñecemento e o respecto da zona, promover a realización de programas de investigación e de educación ambiental, así como un desenvolvemento económico e turístico da zona que sexa respectuoso co medio.


Por isto, calquera entidade que promova un proxecto de obras ou infraestruturas na zona deberán presentar na avaliación de impacto ambiental, un estudo de impacto e integración paisaxística.

A Consellería de Medio Ambiente elaborará ademais un plan de acción específico para os Penedos de Pasarela e Traba, encamiñado á protección do entorno paisaxístico e a aplicación das medidas necesarias para a posta en valor e rexeneración da zona, así como o seu desenvolvemento sostible.



FONTE:CONSELLERIA DE MEDIO AMBIENTE

0 comentarios:

 
A COSTA DA MORTE © 2007 Template feito por Templates para Você