Nove concellos da Costa da Morte recibirán un total de 68.500 euros que destinarán a accións relacionadas coa promoción, a protección ou a divulgación da Rede Natura. A relación completa, así como o proxecto no que cada un investirá o diñeiro recibido, foi publicada onte no Diario Oficial de Galicia.
Os concellos beneficiarios son os de Cabana, Camariñas, Carballo, Fisterra, A Laracha, Laxe, Malpica, Muxía e Vimianzo. En todos os casos o proxecto presentado estaba valorado en 10.000 euros (salvo o de Laxe, con 6.919 euros), e a consellería concedeu entre o 78 e o 80% da subvención solicitada tamén en función dos puntos obtidos, que oscilan entre os 78 e os 80. Moi poucos concellos de Galicia superaron os 80 puntos, pero tamén son poucos os que baixan de 65.
A cantidade recibida repartirase entre a presente anualidade e a do 2009.
Cabana presentou un proxecto de formación e sensibilización ambiental, para o que a Consellería de Medio Ambiente outórgalle 8.000 euros, repartidos entre os 2.844 deste ano e os 5.156 do 2009.
Camariñas optou ás axudas para realizar unha campaña de divulgación da Rede Natura, e os 8.000 euros que recibirá repartiranse de igual modo que no municipio anterior.
En Carballo, a iniciativa aprobada é unha de promoción da Rede a través das tecnoloxías da información. Terá para iso 7.800 euros de subvención (2.772 e 5.027 en cada anualidade).
Estas cantidades son idénticas ás achegadas para Fisterra, neste caso para crear rutas de sendeirismo na área natural protexida.
Tamén haberá sendeirismo na Laracha grazas a este programa, e de novo repítense os números.
En Laxe, a axuda é de 5.397 euros. Desta cantidade, o Concello recibirá 1.918 euros este ano e 3.478, o que vén, en ambos os casos para acondicionar e sinalizar un carreiro ata o lugar de Mórdomo.
En Muxía, finalmente, dedicarán o diñeiro (8.000 euros en total) á colocación de paneis informáticos, e en Vimianzo, que reciben a mesma cantidade, empregarana no deseño e sinalización dunha ruta de camiñantes.
Fonte La Voz de Galicia
MAPA DA COSTA DA MORTE

INDICE
- HISTORIA
- LENDAS- NAUFRAXIOS
- CONCELLOS
- ESPAZOS NATURAIS
- MIRADORES TURISTICOS
- RIOS
- RUTAS
- PRAIAS
- FESTAS
- GASTRONOMIA
- ALOXAMENTOS
- NOTICIAS
martes, 2 de diciembre de 2008
PROMOCIÓN REDE NATURA
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
0 comentarios:
Publicar un comentario