MAPA DA COSTA DA MORTE

MAPA DA COSTA DA MORTE

HISTORIA DA COSTA DA MORTE

NAUFRAXIOS

LENDAS

WEBCAM CABO FISTERRA

INDICE

  • HISTORIA
  • LENDAS- NAUFRAXIOS
  • CONCELLOS
  • ESPAZOS NATURAIS
  • MIRADORES TURISTICOS
  • RIOS
  • RUTAS
  • PRAIAS
  • FESTAS
  • GASTRONOMIA
  • ALOXAMENTOS
  • NOTICIAS

viernes, 30 de enero de 2009

TEMPORAL NA COSTA DA MORTE

O fin de semana do 24 – 25 de Xaneiro pasou por Galicia un temporal , mellor dito unha “ ciclogenesis explosiva” que con ventos de ata 190km/h deixou abundantes danos no páis.

O temporal de vento e choiva que desde a noite do sábado ata a mañá do domingo afectou os municipios da Costa da Morte , causou problemas viarios a consecuencia da caída de árbores sobre as estradas e de vallas de obras nos núcleos urbanos.

Según os vellos do lugar foi máis forte co do Hortensia , que afectou a Galicia alá polo ano 84 , xa do século pasado.
Os concello da Costa da Morte máis afectados foron os de Muxia , Corme , Camariñas e Fisterra xa que estan máis expostos os ventos

viernes, 9 de enero de 2009

PARADOR DE TURISMO DA COSTA DA MORTE


Por fin! parece que vai en serio a promesa que se fixera a raiz do prestige para a creación dun parador na costa da morte tempo tiveron , 7 anos dende o 2002...
O Parador de Muxía xa ten proxecto. A Conelleira de politica territorial MARIA JOSE CARIDE facía publico esta mañá de vernes 9 de xaneiro de 2009, o gañador do concurso de ideas. Será o equipo liderado por Alfonso Penela Fernández o que realice a proposta adxudicataria do proxecto básico e de execución gracias ao seu intento de integración no espacio de Lourido.

O Parador será construído na zona de Lourido, xusto á beira esquerda da preciosa praia co mesmo nome. A integración nesta paraxe foi un punto básico á hora da elección por parte do xurado.

Varios foron os detalles que valora Caride sobre o proxecto de Penelas:

A funcionalidade dos accesos diseñados para achegarse ao parador;
A desposición dos volúmenes intentando integrarse gatuñando polo monte arriba.
O mimo e o coidado coa que está tratada a proposta dada a importancia do entorno.
O Parador contará cun investimento de 20 millóns de euros. Serán 90 habitacións, 23 comedores, varios salóns, ximnasio e spa. A superficie total é de 120.000 m2.

O establecemento agárdase que xenere entre 40 e 50 postos de traballo. Caride sinalou que se agarda completar o proxecto en 6 meses para a partir de aí poder licitar a obra.

O único que falta é xuntar todos estes servizos nun proxecto turístico unificado, para que o turista que chega á Costa da Morte, saiba dende calquera punto todas e cada unha das posibilidades que ten de disfrutar dos tesoros que ten a nosa costa.
XUNTA DE GALICIA

CREACIÓN DA FUNDACIÓN MAN


O pasado día 29 de decembro, o mesmo día no que se cumpría o sexto aniversario da morte do Aleman de Camelle Manfred Gnädinger, quedou constituída de forma oficial a Fundación Man, primeiro paso para que o legado artístico do Alemán de Camelle perdure para a posteridade e poida ser gozado por todos aqueles que non coñeceron ao excéntrico anacoreta.
A notaria de Vimianzo, Ana Belén Mallada García, foi a encargada de dar fe á escritura pública, na que rubricaron os cinco membros do padroado: o alcalde de Camariñas, Manuel Valeriano Alonso de León (en calidade de presidente do padroado); a edil de Urbanismo, Mercedes Martín González (vicepresidenta); a concelleira do PP Dolores Rodríguez Sánchez (secretaria), o presidente da asociación de veciños A Pergoliña de Camelle, Luis Miguel Suárez Pérez (vocal), e a presidenta da asociación de palilleiras, Virtudes Rodríguez Soneira (vocal).
Foi un acto celebrado na Casa dá Pedra de Camariñas e ao que asistiron un bo número de veciños da localidade e tamén de Camelle. Xunto aos veciños e aos artistas e expertos que pola tarde participaron na segunda edición do Encontro de Man, atopábanse tamén varios representantes políticos, como a responsable da área de Cultura da Deputación, Caridad González, a parlamentaria Marisol Soneira, o alcalde de Muxía, Félix Porto, e a concelleira de Cultura de Vimianzo, Nieves Lema, ademais de gran parte da corporación local de Camariñas.
Precisamente, a responsable da concellaría de Cultura do Concello camariñán, Sandra Insua, foi das primeiras en celebrar a constitución da fundación. «Despois de seis anos de incerteza, por fin dá os seus primeiros pasos», dixo a edila, quen recoñeceu que o Concello foi moi criticado coa lentitude coa que levou a cabo o proceso. Con todo, Insua precisou que «moitas cousas non se poideron facer por problemas burocráticos e descoñecemento artísticos>>«Por fin veremos a obra de Man como é debido. Estou convencida de que este día fará historia, porque desde ou Concello estamos dabondo convencidos do valor dá obra de Man>>.
Niso confían tamén os veciños de Camelle, que onte pola tarde, coincidindo co inicio do Encontro, concentráronse de forma espontánea para reclamar que a fundación restaure canto antes cása-museo de Man. «Durante seis anos fixeron nada e está en ruínas», aseguraba unha das asistentes, quen considera «unha aberración» que xusto enfronte da obra do alemán «vaia construírse unha piscifactoría que vai en contra da filosofía de Man, que sempre defendeu o medio ambiente».
A mesma idea levou a colocar pancartas de protesta á asociación A Pergoliña que, con todo, desvinculouse da concentración veciñal, que cualificou de «espontánea». No entanto, insistiron no seu medo a que a fundación «non vaia a servir para nada, só para gastar cartos». Os membros da entidade tamén mostraron o seu rexeitamento á piscifactoría prevista

 
A COSTA DA MORTE © 2007 Template feito por Templates para Você