Por fin! parece que vai en serio a promesa que se fixera a raiz do prestige para a creación dun parador na costa da morte tempo tiveron , 7 anos dende o 2002...
O Parador de Muxía xa ten proxecto. A Conelleira de politica territorial MARIA JOSE CARIDE facía publico esta mañá de vernes 9 de xaneiro de 2009, o gañador do concurso de ideas. Será o equipo liderado por Alfonso Penela Fernández o que realice a proposta adxudicataria do proxecto básico e de execución gracias ao seu intento de integración no espacio de Lourido.
O Parador será construído na zona de Lourido, xusto á beira esquerda da preciosa praia co mesmo nome. A integración nesta paraxe foi un punto básico á hora da elección por parte do xurado.
Varios foron os detalles que valora Caride sobre o proxecto de Penelas:
A funcionalidade dos accesos diseñados para achegarse ao parador;
A desposición dos volúmenes intentando integrarse gatuñando polo monte arriba.
O mimo e o coidado coa que está tratada a proposta dada a importancia do entorno.
O Parador contará cun investimento de 20 millóns de euros. Serán 90 habitacións, 23 comedores, varios salóns, ximnasio e spa. A superficie total é de 120.000 m2.
O establecemento agárdase que xenere entre 40 e 50 postos de traballo. Caride sinalou que se agarda completar o proxecto en 6 meses para a partir de aí poder licitar a obra.
O único que falta é xuntar todos estes servizos nun proxecto turístico unificado, para que o turista que chega á Costa da Morte, saiba dende calquera punto todas e cada unha das posibilidades que ten de disfrutar dos tesoros que ten a nosa costa.
XUNTA DE GALICIA
MAPA DA COSTA DA MORTE

INDICE
- HISTORIA
- LENDAS- NAUFRAXIOS
- CONCELLOS
- ESPAZOS NATURAIS
- MIRADORES TURISTICOS
- RIOS
- RUTAS
- PRAIAS
- FESTAS
- GASTRONOMIA
- ALOXAMENTOS
- NOTICIAS
viernes, 9 de enero de 2009
PARADOR DE TURISMO DA COSTA DA MORTE
Publicado por xose calvo en 4:39
Etiquetas: ESPAZOS NATURAIS
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
2 comentarios:
Elixistedes unha zona moi bonita para o voso blog, esperemos que a parte de conseguir aprobar o módulo tamén contribúa a súa conservación.
Gustame a idea da Webcam.
Moi boas, dende QPC apuntamos que non costa nada poñer as fontes das imaxes.
Unha aperta e agardamos que volvades a retomar a publicación no blog, para metervos na sección da bitácora da semana
unha aperta
Publicar un comentario